miércoles, 1 de marzo de 2017

TEMA 5 A XEOGRAFÍA DOS SERVIZOS / TEMA 6 A ECONOMÍA ESPAÑOLA

1. Que podes dicir sobre o feito e aprendido nas unidades 5 e 6?

En canto ó tema 5 aprendín que o sector terciario aumentou moito nas últimas décadas sobre todo nas sociedades postindustriais e que estas dependen dunha serie de factores.  A terciarización é moi diferente dependendo das rexións. 
Existen diferentes clasificacións e localizacións de servizos dependendo das actividades que se leven a cabo. 
As diferentes características do comercio que pode ser polo miúdo e atoparse tanto nunha pequena vila como nunha gran cidade. 
Tamén estudei os diferentes tipos de transporte ao longo da historia e as etapas nas que se divide. 
O turismo é unha parte esencial da nosa economía porque proporciona un 12% dos postos de traballo e da riqueza nacional. É un factor moi importante, aínda que ten factores positivos e negativos. O turismo divídese en catro destinos (de sol e praia, de montaña, urbano e rural) dependendo dos gustos do consumidor.

No que se refire ao tema 6, aprendín moitos datos relacionados co noso país, como a integración de España á UE no ano 1986. 
O desequilibrio dos sectores é algo moi importante porque o sector servizos é o que máis riqueza e emprego xera ao país a diferenza dos sectores da industria e da agricultura.
O sector primario era moi abundante nun primeiro momento, pero desde mediados do século XX decaeu. Este divídese en tres ramas que son a agricultura, a gandaría e a pesca. 
Por outra banda, tamén estudei a importancia da construción sobre todo no noso país. Na expansión da nosa economía representaba máis do dobre por cento da porcentaxe pero no 2008 sufriu unha forte crise.
Tamén aprendín as diferentes áreas de localización industrial.

2. Como o fixeches? 

Mediante a realización de exercicios diarios e traballos, como por exemplo os termos centrais de cada unidade que dita a profesora na clase e que temos que buscar para poder definilas. Tamén fixemos esquemas, que me axudan moito á hora de preparar os exames.
Nas datas máis próximas aos exames estudei os temas adicándolle bastante tempo cada día. 

3. Que dificultades tiveches?

Resultoume un tema bastante aburrido e un pouco pesado o que supuxo que tardase máis tempo que con outros para estudalo, supoño que tamén inflúe os gustos persoais de cada un.

4. Para que crees que serve o aprendido sobre a xeografía dos servizos e sobre a economía española?

Serve para moitas cousas fundamentalmente para cando tes un traballo, saber cales son as túas condicións laborais e os dereitos que cada traballador pode ter;  localizar e entender os diferentes sectores da nosa cidade e en xeral, do noso país; comprender tamén como funciona a economía; o turismo, saber que ten un papel fundamental na nosa economía, é unha das principais fonte de sustento dun país, etc.

5. En que outras ocasións pensas que podes empregalo?

Valorando o estado de desenvolvemento de cada sector, podemos decidir que rama laboral vamos seguir. Por exemplo, para crear unha empresa, cómpre atender a que sector está mellor económicamente, e a partir deste dato podemos elixir un tipo de mercado ou outro. 


DIFICULTADES Á HORA DE REALIZAR O FOLLETO TURÍSTICO:

A maior dificultade que tiven foi á hora de redactar os pequenos textos que acompañan a cada imaxe e intentar dicir en poucas palabras algo que chamase a atención e que lle gustara as persoas para que podan visitar as zonas seleccionadas en dito folleto.